Crazy Taxi é a xoia que formará parte dos Xogos con Gold de febreiro
xoves, 25 de xaneiro do 2018
Os subscritores de pagamento de Xbox LIVE poderán gozar de interesantes
xogos sen custo adicional durante o mes de febreiro, que hoxe anunciou
Microsoft, e entre so que destacan especialmente os tÃtulos de Xbox 360 que, ao
seren retrocompatibles, podemos gozar deles tamén en Xbox One.
Os Xogos con Gold de febreiro para Xbox One serÃan Shadow
Warrior, tÃtulo de acción en primeira persoa de Devolver Digital que saÃu en 2014 como remake dun clásico de 1997, e Assassin’s
Creed Chronicles: India, segunda entrega da triloxÃa Chronicles que introducÃa a esencia de Assassin’s Creed en mecánicas 2.5D, e
que máis de un esperaba xa que en
agosto de 2016 incluÃrase nos Xogos con Gold a súa anterior entrega.
Pero en febreiro destacarán os xogos de condución para Xbox 360, de xeito que durante
a primeira quincena estará dispoñible para a súa descarga Split/Second,
xogo de carreiras ambientado nun reality
show televisivo no que os concursantes compiten nunah cidade construÃda
para a súa destrución; o tÃtulo da segunda quincena é aÃnda máis representativo,
pois trátase do clásico de SEGA Crazy
Taxi, con versións para numerosas plataformas, e que convÃdanos a ser
taxistas contra-reloxo facendo tolerÃas mentres escoitamos música de The Offspring
e Bad Religion, formacións de grande éxito cando o xogo estreouse en máquinas
recreativas (1999).
VÃdeo promocional dos Xogos con Gold de febreiro