Creative achega un fío musical sen fíos

luns, 4 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Creative estreou un sistema para encher o fogar de música achegada mediante conectividade sen fíos, de xeito que o Xmod Wireless Music System se pode conectar ó USB dun ordenador para enviar a música almacenada no mesmo ós receptores que estean repartidos pola casa, facendo que o concepto de fío musical teña que perder o seu nome (pola carencia de cables).
O emisor sen fíos se vende cun receptor (o X-Fi Wireless Receiver) que se pode conectar ós altofalantes tendo este sistema un alcance de 30 metros. Ademais, a calidade do son é excelente, empregando a tecnoloxía Xtreme Fidelity de Creative, que tamén conta con dispositivos optimizados para o seu uso con reprodutores iPod.
O prezo do Xmod Wireless Music System é de 199,99 dólares, mentres que cada receptor adicional se vende por 99,99 dólares, estando pendente da súa comercialización en Europa.

PUBLICIDADE