Creative está a recuperar a marca Sound Blaster
venres, 31 de outubro do 2025
A histórica marca Sound Blaster de Creative, que foi toda unha institución nos anos 90 achegando a reprodución sonora de calidade aos ordenadores persoais, regresa cun ambicioso proxecto que combina deseño modular, intelixencia artificial e versatilidade multimedia.
O Sound Blaster Re:Imagine, é un centro de control de audio que busca redefinir a interacción entre os dispositivos e os usuarios a través dun deseño completamente modular, que permite personalizar a disposición de botóns, diais, pantallas e deslizadores segundo as necesidades de cada usuario. O produto pode lembrarnos ao popular Stream Deck de Elgato, pero cun maior nivel de personalización e un enfoque centrado no audio.
O dispositivo inclúe conexións USB-C, entradas ópticas, de micrófono e de liña, asà como compatibilidade con Wi-Fi 6 e Bluetooth. Tamén incorpora un DAC e amplificador capaces de alimentar altofalantes de estudio, e un sistema de enrutamento de audio que elimina a necesidade de cambiar cables constantemente. Ademais, pode funcionar como controlador de aplicacións, atallos e dispositivos intelixentes compatibles con Matter, e mesmo pode funcionar de xeito independente xa que integra Linux.
Creative lanzou unha campaña de financiamento en Kickstarter, onde os primeiros patrocinadores poden adquirir o kit básico por 329 dólares, e a entrega do produto final está prevista para xuño de 2026.
O Re:Imagine está equipado cun procesador de oito núcleos, 8 GB de RAM e 16 GB de almacenamento ampliable mediante microSD. A súa pantalla táctil de tres polgadas pode executar aplicacións, incluÃndo un emulador de DOS para xogos retro, asistentes con IA e mesmo un DJ virtual que xera música segundo temas seleccionados.
Con esta proposta, Creative aposta por unha nova era na xestión do son, combinando a nostalxia da marca Sound Blaster coa innovación tecnolóxica actual, o que permitiu que a súa campaña de micromecenado chegase ao seu obxectivo de financiamento en só 20 minutos, polo que semella que escoitarmos falar máis veces de Creative nos vindeiros meses.
