Crossy Road terá versión con personaxes de Disney
xoves, 17 de marzo do 2016
Pese a non deixar de ser unha versión adaptada a móbiles do
clásico Frogger, o xogo Crossy Road está a converterse en todo
un éxito que botou a andar en iOS, para dar o salto logo a
Android e a
Windows, demostrando o seu pulo ao acumular millóns de descargas e moitos
xogadores amparándose na habitual fórmula do free-to-play, que non pode evitar facer o paso habitual neste tipo
de xogos de éxito, e asÃ, ao igual que tÃtulos como Temple Run contaron con versións asociadas a franquÃas de éxito (Temple Run: Brave e Temple Run: Oz), agora anuncian que Crossy Road vai facer o mesmo co xogo Disney Crossy Road.
Este novo xogo manterá a súa mecánica habitual, pero en vez de contar con
ducias de animais cos que procurar cruzar a estrada, teremos máis dun cento de
personaxes de Disney e Pixar, comezando co clásico rato Mickey. Tamén
confÃrmase que este novo xogo, aÃnda sen data, estará dispoñible para iOS,
Android e Windows.
Tráiler de presentación de Disney Crossy Road