Crysis 2 faise compatible con DirectX 11

mércores, 22 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O xogo Crysis de Crytek foi durante moito tempo o referente gráfico para PC, de xeito que cada título tiña que medirse con el, pero o lanzamento de Crysis 2, pese a ser un título impresionante, decepcionou aos usuarios de PC cos equipos máis potentes, posto que empregaba unha versión vella de DirectX para facer o xogo compatible cun amplo parque de ordenadores persoais, pero esta mañá solucionaron esta eiva, e publicaron un parche que fai a Crysis 2 compatible con DirectX 11, polo que os posuidores cunha tarxeta gráfica de última xeración poderán aproveitar tecnoloxías como Tessellation, Parallax, Occlusion Mapping e melloras nos efectos de sombras, augas, partículas, profundidade de campo e motion blur.
Esta actualización tamén mellora o rendemento en equipos cun Windows de 64 bits que só teñan soporte DirectX 9, o que contribúe a consolidar a sona de Crytek como unha compañía que gusta de aproveitar ao máximo o hardware nos seus xogos.
ACTUALIZACIÓN: Tras un amago, o parche estará dispoñible de xeito definitivo o vindeiro luns.

O xogos de Crytek destacan polos seus gráficos detallados

PUBLICIDADE