Culturagalega.org estrea un soportal da música en Galicia

martes, 15 de maio do 2007 Marcus Fernández

Culturagalega.org vén de iniciar un novo soportal dedicado á música en Galicia, para cubrir así un ámbito da nosa cultura que se atopa en plana transformación, pretendendo converterse nun espazo de referencia que recolla toda a actualidade do sector.
Mega é o nome do novo soportal, que dará cabida a información sobre grupos, discos, empresas, concertos, novidades, análises, cancións, vídeos... Inaugúrase así unha web que xa conta cunha completa axenda musical, moitas novas sobre a música en galego e incluso unha boa recompilación de vídeos achegados de YouTube e outros sistemas de publicación de vídeo a través da Rede.

PUBLICIDADE