Cuphead estrea versión para PlayStation 4
martes, 28 de xullo do 2020
En 2017 chegou a
Xbox One e PC un fermoso xogo inspirado nos debuxos animados dos anos 30,
contando co apoio de Microsoft (que amosara este tÃtulo na súa conferencia do
E3 dous anos antes, provocando a que esta creación conseguise grande
relevancia), conseguindo que Cuphead pasase a verse como todo un
referente do que pode chegar a facer un estudio independente con moita paixón e
traballo.
O apoio de Microsoft a este xogo daba a entender que serÃa difÃcil velo en
consolas de Sony, o que confirmouse ao ver que en 2019
deu o salto a Nintendo Switch, pero finalmente os usuarios de PlayStation 4
poden gozar deste xogo de correr e disparar que está
dispoñible na PlayStation Store por 19,99 euros.
Os usuarios poden optar por xogar como Cuphead ou Mugman, en individual ou
cooperativo, explorando curiosos mundos e derrotando a inimigos sorprendentes
mentres se goza de coidadas animacións feitas a man, decorados pintados a acuarela
e unha banda sonora de jazz que non pasa inadvertida, e da que por fin pódese
gozar na PlayStation 4, pechando asà o cÃrculo de plataformas nas que está
dispoñible Cuphead, o que deberÃa facer máis doado que de cara á
vindeira xeración de consolas o Studio MDHR poida sorprendernos coas súas
creacións.
Tráiler de lanzamento de Cuphead para PlayStation 4