Curiosas memorias USB de dúas caras

venres, 24 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten de manter contidos de distinto tipo ben separados poden optar a mercar a unidades de memoria USB Split Stick, que equivale a dúas unidades USB de 2 Gb, e xa está á venda por 19,99 dólares (13,34 euros).
O concepto desta memoria USB non resultará estraño para moitos (pois garda certa analoxía coas casetes de música, nas que as cancións distribúense en caras), e permite así manter por separado datos do traballo e domésticos ou os de dúas persoas distintas.
O trebello véndese en distintas cores (laranxa, azul, rosa, vermello, negro, violeta, gris e verde) e na súa parte central inclúe un botón deslizante que é o que extrae un conector USB por cada un dos lados do dispositivo, que poden ir etiquetados cunhas iconas que elixirán os seus usuarios segundo o uso que queiran dar a cada unha das memorias USB integradas.

As Split Sticks ofrécense nunha completa gama de cores

PUBLICIDADE