Curtis sobe ao carro da fibra de 500 Mbps achegada por R
mércores, 17 de abril do 2019
A
firma de cable R vén de dar novos pasos na inclusión de máis
concellos á comunidade de territorios que desfrutan das súas redes
ultrarrápidas de Internet a través de fibra óptica. Un
dos municipios que estrearon estas infraestruturas de FTTH (Fiber
To The Home) é o de Curtis, na Coruña. Segundo explica a
empresa galega de telecomunicacións, o fornecemento de fibra
avanzada implica a dispoñibilidade de accesos de nova xeración (con
servizos avanzados de teléfono, Internet de alta velocidade con 500
Mbps simétricos e televisión dixital multicanle de R) para 450
fogares e empresas dos núcleos de Teixeiro e Curtis.
Amais,
serán preto de 900 residencias particulares e negocios os que se
poidan conectar á rede do operador galego cando se completen todos
os traballos no municipio coruñés, uns traballos que, segundo
explica a compañía de cable, tentaron tirar o máximo proveito das
infraestruturas municipais previamente existentes na localidade.
O
fornecemento de fibra no devandito concello abéiranse ao Plan
PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa, do que R foi
adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (fibra até o edificio) nas
chamadas “zonas brancas”, é dicir, as que nunca dispuxeran de
accesos de alta velocidade até este momento.
Xunto
co da provincia da Coruña, o operador galego conseguiu tamén a
adxudicación doutros dous proxectos; un, para as provincias de Lugo
e Ourense e outro para a de Pontevedra. En total, os tres proxectos
supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3
son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do
Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA-Plan
Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Só na provincia de
Coruña o investimento total rolda os 3,8 millóns de euros, dos
cales 2,1 proceden dos fondos europeos.
R
engadiu que cando se completen os traballos de despregue nas catro
provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas
“zonas brancas” formarán parte do millón longo de fogares e
negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os
servizos avanzados de R en Galicia.