Cut My SIM facilita converter unha tarxeta SIM en microSIM
venres, 4 de xuño do 2010
- Recortador de tarxetas SIM en microSIM
- Adaptador para volver á normalidade unha SIM recortada
Os interesados en adquirir un iPad 3G que non queiran contratar unha das
tarifas de datos especiais para o dispositivo e que prefiran aproveitar unha
tarifa anterior, poden empregar unha tarxeta SIM normal debidamente recortada,
pois o chip que integran as tarxetas microSIM (empregadas no iPad e,
posiblemente, no vindeiro iPhone) son idénticos ás das SIM ordinarias.
Pero a
operación de recorte dunha SIM pode meter medo a algúns usuarios, de aà que a
través da web están a vender un kit chamado Cut My SIM, e que consiste
nunha cortadora de tarxetas SIM e un adaptador para permitir o uso dunha
microSIM nunha fenda para tarxetas normais, que venden
por 19,95 euros, o que pode parecer un prezo un tanto elevado para algo que
pode facerse artesanalmente, pero que
moitos agradecerán por simplificar o proceso, como demostra o feito de que a
primeira remesa desta solución estea esgotada, agardándose o envÃo doutras
tantas a finais do presente mes.