Cut The Rope</Em> estrea secuela esta noite
mércores, 3 de agosto do 2011
Uns
poucos xogos para iPhone conseguiron converterse en auténticos supervendas, como Doodle Jump, Fruit Ninja
e Angry Birds, exclusivo club ao que
tamén pertence Cut The
Rope, considerado como o mellor xogo móbil do ano nos Premios BAFTA
(recibindo tamén moitos outros galardóns no último ano) pola súa excelente
xogabilidade, os seus gráficos coidados, as súas fÃsicas precisas e o seu
control intuitivo, que deixaba aos seus compradores desexando máis, polo que
esta noite comezará a distribuÃrse polas App Store mundiais a súa secuela, Cut
The Rope: Experiments.
Esta nova entrega da saga conservará o prezo de 0,79 euros para iPhone e 1,59
euros para iPad (o que garante unhas boas vendas) e ofrecerá 75 novos experimentos (niveis) aos que irán
incorporándose máis. Tamén inclúe 3 paquetes de niveis, novas pistas musicais,
sons e animacións e, en definitiva, unha prolongación da experiencia que
ofrecÃa o xogo orixinal, do que xurdiron múltiples copias, deixando claro que
estamos ante unha fórmula de éxito.