Cyberpunk 2077 recibirá unha expansión que deixará de lado as consolas da anterior xeración

martes, 6 de setembro do 2022 Marcus Fernández

O xogo Cyberpunk 2077 foi un dos lanzamentos máis accidentados que se coñecen, por terse comercializado cando aínda precisaba un ano máis de desenvolvemento para poder considerar que se trataba dun produto rematado, destacando o feito de que non debería terse vendido para consolas da anterior xeración, pois estamos ante un título esixente que non ten un bo desempeño en máquinas vellas.
Pero actualmente podemos considerar que estamos ante un xogo aceptable, que vén de recibir unha actualización chamada Edgerunners que correspondería á versión 1.6 e que, aparte das típicas correccións de erros destaca por incluír contidos inspirados en Cyberpunk: Edgerunners, unha serie de animación que estrearase en Netflix o vindeiro 13 de setembro. O xogo tamén recibe un sistema de progresión cruzada, ou sexa, que as partidas gardadas na nube son multiplataforma, de xeito que poden continuarse as partidas en calquera máquina que teña o xogo instalado.
Cómpre salientar que en Xbox Series S o xogo reciben un novo modo de xogo orientado ao rendemento, que permite gozar de Cyberpunk 2077 a 60 imaxes por segundo a 900p con escalado de resolución dinámico entre 800 e 1080p.
Pero a novidade máis importante relativa a Cyberpunk 2077 é o anuncio de que en 2023 recibirá unha expansión titulada Phantom Liberty que estará dispoñibles para PC, PS5, Xbox Series X|S e Stadia, ou sexa, que confírmase que deixan atrás as consolas da anterior xeración que foron toda unha dor de cabeza para os desenvolvedores do xogo por non ter potencia dabondo para executar este título con dignidade.

Vídeo de presentación da expansión Phantom Liberty para Cyberpunk 2077

PUBLICIDADE