DJ Hero chega aos 1,2 millóns de unidades vendidas

xoves, 8 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O lanzamento do xogo DJ Hero nun momento no que a franquía Guitar Hero chegaba ao seu máximo apoxeo víase con bastante escepticismo, pois parecía que o nicho ao que estaba dirixido era demasiado reducido, á vez que o mercado dos xogos musicais estaba saturado, pero o tempo parece confirmar a aposta de Activision por este xogo de mesturas musicais, que vén de superar os 1,2 millóns de unidades vendidas, o que é un volume de vendas moi significativo posto que o xogo ten que adquirirse cun periférico, polo que o seu prezo é bastante elevado.
Para o outono agárdase o lanzamento de DJ Hero 2 para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii, e esta nova entrega podería ter incluso unhas vendas mellores, posto que parece evidente que os usuarios que xa conten coa mesa de mesturas do primeiro título optarán por adquirir a secuela, á vez que tamén captarán a novos xogadores.

PUBLICIDADE