DJ Hero contará cunha edición de coleccionista

xoves, 30 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O xogo DJ Hero pretende revolucionar os xogos musicais levando aos usuarios a facer remesturas musicais, contando co apoio de músicos coma Eminem ou do popular Jazzy Jeff (compañeiro de Will Smith en O Príncipe de Bel-Air tanto na ficción como na súa carreira musical), e que segundo confirmou Activision, contará cunha versión de coleccionista chamada Renegade Edition que incluirá unha mesa de mesturas, unha maleta de transporte, un soporte abatible para colocar a mes de mesturas, 2 CD con temas inéditos de Jazzy Jeff e Eminem e o xogo DJ Hero.
Polo momento só sabemos que o xogo chegará no outono para Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2 e Wii, non concretándose aínda non o seu prezo nin a data concreta de lanzamento.

A Renegade Edition contará cun maletín de transporte

PUBLICIDADE