DJI estrea un estabilizador para cámaras sen espello
xoves, 18 de xullo do 2019
Nos últimos tempos os estabilizadores fÃsicos para a
gravación de vÃdeo experimentaron un grande avance, grazas en boa medida a
compañÃas como DJI, que desenvolveron moita da súa tecnoloxÃa coa vista posta
nas cámaras dos drons. E precisamente esta compañÃa vén de pór á venda un novo
estabilizador de tres eixes para uso a unha man que permite crear vÃdeos
profesionais de xeito doado con cámaras sen espello.
O Ronin-SC serÃa unha versión
lixeira (soporta unha carga de 2 quilos) do Ronin-S (soporta unha carga de até
3,6 quilos) que non só reducirÃa o peso soportado, senón tamén o seu prezo, de
xeito que pasa dos 499 aos 359 euros na súa versión básica, facendo máis asumible
a compra deste tipo de produto (que non deixa de ser unha gama de entrada (hai
configuracións de estabilizadores Ronin que se achegan aos 10.000 euros).
Este novo estabilizador, cun peso de 1,1 quilos e unha baterÃa cunha autonomÃa
de até 11 horas, permite a creación de contidos de calidade en case calquera
parte, xa que é unha solución moi compacta, e incluso eleva a posición da
cámara sobre o eixe de rotación para poder ter a pantalla da cámara sempre á
vista (a diferenza doutros modelos que obrigan ao uso dunha pantalla externa), pode
rotar 360 graos (o que permite crear secuencias únicas), contan con distintas
funcións automáticas (panorámica, timelapse, timelapse en
movemento e mesmo memorización de movementos), pode facer seguimento activo de
obxectivos montando un smartphone sobre a cámara e incluso estrea a función
Force Mobile (que permite controlar o estabilizador inclinando ou xirando o
teléfono.
Tamén pode completarse con accesorios (como un motor para controlar o enfoque)
ou incluso engadirlle unha placa polivalente con diversos orificios dun cuarto
de polgada, o que fai doado ancorarlle distintos accesorios. Unha solución moi
práctica para gravar vÃdeo de calidade nas cada vez máis populares cámaras sen
espello.
VÃdeo promocional do estabilizador DJI Ronin-SC