DJI lanza un casco pensado para carreiras de drons
mércores, 22 de novembro do 2017
En vista da popularidade da carreiras de drons, DJI vén de incorporar
ao seu catálogo as DJI Goggles
Racing Edition, unha especie de casco de realidade virtual que véndese a
599 euros e que busca ofrecer unha visión en primeira persoa dos drons, facilitando
asà o seu control remoto até a 7 quilómetros de distancia cunha latencia de só
50 milisegundos.
O módulo de transmisión empregado por este casco de DJI permite recibir vÃdeo a
1.280 x 960 pÃxeles, e pode funcionar en 12 canles diferentes, facilitando asÃ
que varios drons poidan voar no mesmo espazo sen interferencias. Tamén funciona
nas bandas de 2,4 e 5,8 GHz.
O casco tamén pode aproveitarse para reproducir vÃdeos inmersivos en numerosos
formatos (MP4, MOV, AVI e MKV).
- O casco de DJI permite experimentar o control dun dron en primeira persoa até a 7 quilómetros de distancia