DJI mellora o seu sistema de microfonÃa sen fÃos
xoves, 28 de agosto do 2025
DJI vén de presentar o seu novo micrófono sen fÃos, o DJI Mic 3, que nesta nova xeración introduce capacidade 4TX + 8RX, con catro transmisores e oito receptores, e convértese no primeiro modelo en integrar un control de ganancia adaptativo que prevén automaticamente o clipping ou equilibra dinámicamente o volume. Engade, ademais, tres preaxustes de ton de voz, dous niveis de cancelación de ruÃdo e unha gravación interna flotante de dobre ficheiro a 32 bits con 32 GB de almacenamento.
O transmisor pesa só 16 gramos e pode prenderse cun clip xiratorio ou cun accesorio magnético. O estoxo de carga todo en un permite gardar e recargar dous transmisores e un receptor, sen ter que retirar accesorios como o antivento ou os imáns.
No apartado de son, o DJI Mic 3 introduce dous modos de ganancia adaptativa. O modo Automático está pensado para exteriores con altos picos de volume, como eventos deportivos, mentres que o modo Dinámico axusta a ganancia en interiores ou espazos tranquilos. Engádense tres perfÃs de ton de voz (regular, sonoro e brillante), útiles para entrevistas con varias voces, e unha cancelación activa de ruÃdo de dous niveis. Tamén ofrece audio sen perdas a 48 kHz/24 bits para garantir máxima fidelidade.
A flexibilidade é outro punto clave: o DJI Mic 3 é o único micrófono sen fÃos compacto que admite ata catro transmisores e oito receptores á vez, co que resulta útil para entrevistas grupais ou producións multicámara. Ademais, pode funcionar en modo cuadrafónico, enviando catro pistas independentes a determinadas cámaras Sony ou software de ordenador, facilitando unha mestura flexible en posprodución. A transmisión é sólida grazas ao salto automático de frecuencia entre 2.4 e 5 GHz, cun alcance de ata 400 metros.
Outra das súas funcións destacadas é a gravación interna en dobre ficheiro (pista orixinal e pista mellorada por algoritmo), con soporte de código de tempo de alta precisión, que permite sincronización exacta en producións multicámara.
En canto á autonomÃa, un transmisor acada ata 8 horas de uso e o receptor ata 10, ampliables a 28 horas co estoxo de carga. A carga rápida de cinco minutos proporciona dúas horas de uso e unha carga completa realÃzase en 50 minutos.
O DJI Mic 3 intégrase de forma directa no ecosistema DJI OsmoAudio, podendo conectarse con dispositivos Osmo 360, Osmo Action 5 Pro, Osmo Action 4 ou Osmo Pocket 3 sen necesidade de receptor. Tamén conta con portos TRS e TRRS de 3,5 mm, USB-C e conexión directa a smartphones por Bluetooth.
O novo micrófono amosarase ao público na feira IFA de BerlÃn, do 5 ao 9 de setembro de 2025, onde os visitantes poderán probalo no expositor de DJI (pavillón 20-149), estando xa dispoñible para a súa compra na súa páxina oficial a un prezo de 309 euros o lote de 2 emisores, 1 receptor e o estoxo de carga, mentres que o lote de emisor e receptor reduce o seu prezo ata os 199 euros. Cada transmisor por separado pode adquirirse a 99 euros, asà como tamén están dispoñibles outros accesorios como antiventos de múltiples cores (para usalos en función da roupa ou do escenario no que se realicen as gravacións). Estes produtos chegarán a mans dos consumidores a partir do 4 de setembro.
VÃdeo de presentación do DJI Mic 3
