DJI pon á venda unha cámara de acción con apertura variable
martes, 18 de novembro do 2025
A nova cámara DJI Osmo Action 6 destaca por incorporar, por primeira vez nunha cámara deste tipo, unha apertura variable entre f/2.0 e f/4.0 e un sensor CMOS cadrado personalizado de 1/1.1 polgadas con pÃxeles fusionados de 2.4 μm, capaz de alcanzar un rango dinámico de ata 13,5 pasos. Esta combinación promete un salto cualitativo respecto das cámaras de acción tradicionais, tanto en detalle como en comportamento en escenas nocturnas. A apertura variable permite escoller entre diferentes modos segundo o escenario, desde gravacións urbanas nocturnas con efectos de estrela ata paisaxes luminosas e detalladas.
Para primeiros planos, a compatibilidade cunha lente macro opcional reduce a distancia mÃnima de enfoque a 11 centÃmetros, mentres que outra lente de aumento de campo visual amplÃa o FOV nativo dos 155 aos 182 graos para capturas POV máis inmersivas.
O sensor máis grande tamén posibilita gravación en 4K a 120 fotogramas por segundo nun formato 4:3, mellora o rendemento en ambientes escuros e habilita o modo supernoite en 4K/60 fps. A isto súmase o perfil de cor D-Log M de 10 bits, pensado para maximizar a flexibilidade na posprodución e coa posibilidade de vista previa en pantalla.
Outra das novidades destacadas é o modo Personalizado 4K, que permite gravar primeiro e definir o encadre máis tarde en posprodución, evitando ter que orientar fisicamente a cámara en horizontal ou vertical. A cámara incorpora tamén un modo de Súper Slow Motion de ata 32x a 1080p, con interpolación avanzada de fotogramas para efectos cinematográficos en escenas de acción.
A DJI Osmo Action 6 inclúe o habitual paquete de estabilización profesional de DJI con RockSteady 3.0, RockSteady 3.0+, HorizonBalancing e HorizonSteady, que manteñen o horizonte nivelado e reducen vibracións mesmo en rotacións de 360 graos. Tamén ofrece zoom dixital sen perdas ata 2x, modo vertical, seguimento intelixente de obxectos, un gran angular natural con menor distorsión e seis tons de pelÃcula para personalizar o estilo visual.
Pensada para aventuras extremas, a cámara é resistente á auga ata 20 metros sen carcasa (60 con carcasa), soporta temperaturas de ata −20 graos e incorpora un sensor de temperatura de cor para reproducións precisas baixo a auga. A baterÃa extrema Plus alcanza unhas catro horas de duración e admite carga rápida ata o 80 % en pouco máis de vinte minutos, mentres que os 50 GB de memoria interna permiten seguir gravando aÃnda que non haxa unha tarxeta dispoñible. O control por xestos e o seguimento intelixente facilitan o uso en actividades onde as mans están ocupadas.
No ámbito do son, Osmo Action 6 intégrase no ecosistema OsmoAudio, permitindo conectar ata dous transmisores de micrófono de DJI sen receptor adicional e gravar dúas fontes de audio simultáneas. A cámara incorpora ademais unha matriz de tres micrófonos con cancelación de ruÃdo asistida por intelixencia artificial.
A DJI Osmo Action 6 xa está dispoñible nun lote estándar por 379 euros, que inclúe a cámara e os accesorios básicos, contando tamén con lotes especÃficos para aventura, motociclismo, sendeirismo, mergullo, vlogs e ciclismo de estrada, asà como tamén pode completarse con numerosos accesorios como filtros ND, carcasas impermeables ou un sistema para adherir a cámara a equipamento deportivo.
