DJI presenta o seu primeiro dron de carga
xoves, 11 de xaneiro do 2024
Levamos anos
escoitando falar dos drons para realizar envÃos nos que están a traballar
compañÃas como Amazon, e o que parecÃa unha simple estratexia de márketing
para conseguir publicidade de balde, paulatinamente vai converténdose nunha realidade,
e agora é o máis importante fabricante de drons de consumo a nivel mundial,
DJI, o que entra neste sector co DJI
FlyCart 30, un potente elevador de cargas a longa distancia que pretende ofrecer
unha solución de transporte aéreo segura, económica e eficiente.
Este interesante dron é capaz de mover até 30 quilos de carga útil (cando está
equipado con 2 baterÃas, xa que se só leva 1 poderÃa chegar até os 40 quilos de
carga), pode trasladarse cunha única carga a entre 16 e 28 quilómetros de distancia
(en función do peso que leve) e pode desprazarse até a 20 metros/segundo. Pode
voar a unha altura máxima de 6.000 metros, soporta ventos de até 12 metros/segundo
e tamén é capaz de soportar temperaturas de entre 45 graos e 20 graos baixo
cero.
O DJI FlyCart 30 integra tecnoloxÃa de transmisión de vÃdeo cun alcance de até
20 quilómetros (que pode operar mediante 4G), pode contar con dous operadores,
ten resistencia IP55 e resistencia á corrosión, integra paracaÃdas, permite o
establecemento de varios puntos de aterraxe en caso de emerxencia e está
equipado con radares de matriz en fase e un sistema de visión binocular dobre
para lograr detectar obxectos.
Un dispositivo moi completo, que pode controlarse co mando DJI RC Plus
(equipado cunha pantalla de 7 polgadas) e conta con dous modos de funcionamento:
modo carga (cun estoxo con 70 litros de capacidade) e modo guindastre (na que a
carga irá colgada dun cable que pode controlarse de xeito manual ou automático.
Estamos, en definitiva, ante un produto capaz de superar os lÃmites loxÃsticos
tradicionais, do que nos falta saber o prezo que terá.