DJI presenta un novo sistema compacto de transmisión de vÃdeo sen fÃos
mércores, 17 de xullo do 2024
DJI está a lanzar un novo sistema de transmisión de vÃdeo sen fÃos definida por software (SDR) para equipos de rodaxe pequenos e medianos, para situacións que requiran de monitorización temporal e que poidan permitir transmisións Wi-Fi simultáneas para dar unha maior flexibilidade nas rodaxes.
A solución DJI SDR Transmission promete unha transmisión estable e sen interferencias con alta calidade de imaxe (1080p a 60 imaxes por segundo) e alta taxa de bits (até 20 Mbps) e coa posibilidade de funcionar a distancias de até 3 quilómetros (en espazos abertos). A súa latencia é de só 35 milisegundos (conseguindo asà unha monitorización fluÃda), transmite tamén os metadatos das principais cámaras cinematográficas do mercado (o que resulta de grande interese para acceder a información detallada da gravación en tempo real) e incluso facilita a comunicación persoal mediante voz entre emisor e receptor.
Cada unha das unidades desta solución teñen un peso aproximado de 145 gramos, poden montarse de distintos xeitos, permite a transmisión de 3 sinais SDR e 2 sinais Wi-Fi simultaneamente, e o receptor pode enviar o sinal a monitores por SDI ou HDMI. Tamén é posible conectar o receptor a un smartphone ou tableta por USB-C para unha monitorización fluÃda e estable.
Con DJI SDR Transmission tamén é posible controlar as cámaras mediante PTP, podendo asà comprobar e controlar a apertura, a obturación, o ISO... a través da correspondente aplicación.
O transmisor DJI SDR Transmission pode recibir o vÃdeo a través de HDMI ou SDI, ten tamén jack de 3,5 milÃmetros para establecer comunicacións de voz individuais e pode alimentarse e actualizarse a través de USB-C. O receptor tamén terÃa as mesmas conexións, só que as tomas de vÃdeo empregarÃanse a xeito de saÃdas. Ambos dispositivos poden alimentarse mediante baterÃas NP-F ou USB-C.
O prezo do lote de emisor e receptor DJI SDR Transmission é de 599 euros, mentres que os distintos elementos por separado teñen un prezo de 329 euros cada un. DJI tamén comercializa accesorios para facilitar a conexión dos receptores en teléfonos e tabletas.
VÃdeo de presentación da solución DJI SDR Transmission