DJI renova o seu estabilizador para móbiles
venres, 23 de setembro do 2022
O fabricante lÃder de drons de consumo, DJI, leva tempo
aplicando os seus desenvolvementos na estabilización de imaxe para vÃdeo,
chegando incluso a converterse no referente de estabilizadores para
smartphones, de aà que non sorprenda que lancen un novo modelo do seu produto,
o Osmo Mobile 6, que mantén
un formato moi compacto e lixeiro, que pode encartarse para o seu transporte e
que incluso integra un brazo extensible para poder substituÃr aos paus de selfie.
Estamos ante un estabilizador de 3 eixes, que mediante software instalado no
móbil pode realizar seguimento de obxectivos (o que vale tanto para realizar
secuencias moi dinámicas sen precisar de grande pericia como para pousar o
estabilizador sobre unha superficie fixa e gravarse a si mesmo de xeito
desatendido) e, como grande novidade, nesta nova versión conta cunha función de
inicio rápido, de xeito que tan pronto de desprega o estabilizador, estea
acenderase e iniciará automaticamente a aplicación móbil DJI Mimo no teléfono co
que estea ligado o estabilizador.
O estabilizador conta con diferentes modos de funcionamento (seguimento,
inclinación fixa, FPV e SpinShot) e tamén conta con múltiples funcións
intelixentes (timelapse, dynamiczoom, control por xestos, panorámica e modo
story), de xeito que resulta doado gravar vÃdeos espectaculares con el.
Está xa dispoñible cunha abrazadeira magnética, trÃpode, cable de alimentación,
correa de pulso e bolsa de almacenamento por 169 euros.