DJI revoluciona o seu estabilizador para móbiles cun módulo multifuncional
martes, 18 de febreiro do 2025
ParecÃa que DJI tiña chegado ao teito ao lanzar a sexta versión do seu estabilizador para móbiles en 2022, pero finalmente o fabricante de referencia no mercado dos drons non quixo abandonar este tipo de produto e sorprende cun Osmo Mobile 7 con dúas versións diferentes.
O DJI Osmo Mobile 7 chega presumindo de ser o estabilizador máis lixeiro da súa categorÃa (pesa uns 300 gramos), ofrecendo un deseño moi compacto e a tecnoloxÃa de seguimento ActiveTrack 7.0 (que a través da aplicación DJI Mimo permite un seguimento de obxectivos moi avanzado e fluÃdo) a un prezo de só 99 euros, ou sexa, que estamos ante un estabilizador que podemos ver como unha simple actualización do modelo de 2022.
Pero o DJI Osmo Mobile 7P pode considerarse un produto moito máis interesante xa que incorpora un brazo extensible a xeito de pau de selfie e un módulo multifuncional que supón toda unha revolución. Este pequeno módulo que funciona en combinación co estabilizador dótao de seguimento avanzado con independencia do móbil (de xeito que funciona con calquera aplicación que teñamos no móbil), integra unha potente luz LED con brillo e temperatura de cor axustables, e conta tamén con función de recepción de audio dende micrófonos DJI Mic Mini, conformando unha solución de vÃdeo moi completa. O seu prezo oficial de venda é de 159 euros, podendo adquirirse tamén cun micrófono DJI Mic Mini por 218 euros (o que pode resultar moi práctico para creadores de contido).
Estes estabilizadores contan cunha baterÃa que ofrece até 10 horas de autonomÃa, podendo aproveitarse tamén para cargar por USB-C o noso smartphone en caso de necesidade.
VÃdeo promocional da serie Osmo Mobile 7