DRIVECLUB para PS4 non sairá ata 2014
venres, 18 de outubro do 2013
AÃnda
que no verán anunciouse
que a PlayStation 4 chegarÃa o 29 de novembro acompañada por un acceso de
balde ao xogo de condución DRIVECLUB,
pouco a pouco imos vendo como moitas das promesas sobre o lanzamento da consola
non se cumpre (ora por falta de tempo, ora por decisión das editoras que
prefiren adiar uns meses os seus primeiros xogos para a primeira xeración para
atopar unha maior base de consolas e evitar tamén verse ensombrecidos por GTA V), e finalmente Sony e Evolution
Studios anuncian
que DRIVECLUB non verá a luz este ano.
O mencionado xogo de carreiras chegará en soporte fÃsico e na versión de balde
para PlayStation Plus a primeiros de 2014, para permitir que os desenvolvedores
poidan completar satisfactoriamente o produto, aproveitando o anuncio para
ratificar que cando o xogo saia á venda nas tendas tamén confirma que cando DRIVECLUB PlayStation Plus Edition saia
á venda pasará inmediatamente a formar parte da colección de xogos
instantáneos.
Dende Sony queren incidir no feito de que a PlayStation 4 continúa a contar cun
catálogo de xogos inicial suficiente, aÃnda que con poucos xogos exclusivos (sendo
Killzone Shadow Fall e Knack os máis destacables), aos que se
sumarán antes de rematar o ano tÃtulos como Infamous
Second Son e The Order 1886. Por
fortuna, a nova consola de Sony terá moitos outros xogos multi-plataforma como FIFA 14, Assassin’s Creed IV: Black Flag, Call of Duty: Ghosts ou Battlefield
4, que posiblemente non sexan os mellores tÃtulos para adquirir en consolas
de nova xeración (por contar tamén con versión para a xeración anterior, o que
darÃa a entender que son tÃtulos de transición que non aproveitarán tanto as
novas máquinas como poderiamos desexar, aÃnda que é comprensible que iso non
aconteza ata que as novas consolas leven bastantes meses no mercado).
Un dos últimos trailers de DRIVECLUB