Dan a razón á nai que subiu a YouTube un vÃdeo do seu bebé bailando unha canción de Prince
xoves, 21 de agosto do 2008
Hai preto dun ano comentabamos o caso dunha nai que denunciara o abuso que fixo a Universal ao reclamar a retirada de YouTube dun vÃdeo do seu fillo pequeno mentres bailaba a canción Let’s Go Crazy de Prince, e agora un xuÃz norteamericano dá a razón á muller, que contou co apoio da Fundación Fronteiras Electrónicas (EFF), de xeito que poderán continuar a causa contra a Universal pola petición de borrado dun vÃdeo que resultou non estar xustificada.