Darksiders II</Em> estrea anuncio televisivo

venres, 3 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 21 de agosto será a data na que teremos nas tendas españolas o agardado Darksiders II, xogo moi prometedor que nesta ocasión, en vez de permitirnos encarnar ao xinete do Apocalipse chamado Guerra, meteranos na pel de Morte, ofrecendo así unha aventura máis espectacular coa que THQ agarda conseguir uns resultados moito mellores que coa súa primeira entrega, consolidando unha franquía que está a gañarse a pulso un lugar como o equivalente da saga The Legend of Zelda para un público adulto.
Para animar a chegada deste título THQ vén de estrear un anuncio televisivo de medio minuto (que podemos ver subtitulado ao español) no que deixan claro que neste xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e PC Morte está vivo:

PUBLICIDADE