Darksiders II sairá o 29 de xuño
mércores, 15 de febreiro do 2012
Tras a sorprendente aventura que viviu Guerra, o xinete da Apocalipse,
en Darksiders, THQ promete levar a
experiencia máis aló co seu compañeiro Morte, quen protagonizará Darksiders II, xogo para PC, Xbox 360 e
PlayStation 3 que confirma que chegará a tempo para o verán, xa que a súa data
de lanzamento queda fixada para o 29 de xuño, abrÃndose tamén a
posibilidade de reservar o xogo en distintos establecementos, incluÃndo
engadidos para este impresionante tÃtulo que pese a ter unha aparencia
semellante a un hack’n’slash,
poderiamos consideralo como un The Legend
of Zelda para un público adulto.
Quen reserve o xogo na FNAC poderá desbloquear o paquete Angel of Death que incluirá unha blindaxe mellorada e un par de
gadañas optimizadas; a reserva en El Corte Inglés premiarase co paquete Deadly Despair que engade velocidade
adicional para o corcel de Morte; e os que opten por encargar o xogo en Media
Markt recibirán o paquete DeathRides
con múltiples misións secundarias exclusivas que permitirán unhas 2 horas de
diversión adicional.
- Encargando o xogo en El Corte Inglés, contarase cun corcel máis rápido
- Os xogadores que reserven o xogo na FNAC poderán gozar dunha blindaxe mellorada
- Quen reserve o xogo en Media Markt contará con 2 horas de misións secundarias adicionais