DataBeers Galiza, un novo encontro ao redor do mundo dos datos
mércores, 25 de xaneiro do 2017
Os datos está a mudar a nosa economÃa e a sociedade, e para
incrementar a alfabetización nesta materia existe a organización sen ánimo de
lucro DataBeers, que celebra eventos informais nos que unha serie de relatores
contan historias ou expoñen proxectos nos que os datos son o ingrediente
esencial dun xeito áxil e ameno. De feito, o formato adoptado para as presentación
é o de PechaKucha, ou sexa, que as intervencións consistirán na sucesión de 20
imaxes durante 20 segundos cada unha, nas que non poderán presentarse fórmulas
matemáticas complexas ou código de programación, xa que búscase principalmente
un ton informal.
Os eventos DataBeers, como ben indica o seu nome, teñen un elemento secundario
no que as cervexas actúan como lubricante
social, de xeito que durante o encontro poderase degustar tal bebida de
balde, contribuÃndo asà a xerar un bo ambiente. Actualmente celébranse eventos
DataBeers en Madrid, Barcelona, Valencia, Euskadi, Londres, Venecia... e moitas
outras cidades ás que se unirán en breve Santiago de Compostela e A Coruña.
Teremos asà DataBeers GLZ, un
encontro trimestral que alternará sede entre as dúas cidades mencionadas, aÃnda
que non desbotan incorporar outras cidades no futuro (de existiren
organizadores nas mesmas).
Os organizadores de DataBeers Galiza son David Alayón, Mónica Quintana, Antonio Fraga e Cristian Gajete; e a primeira edición de
DataBeers Galiza celebrarase o vindeiro 2 de febreiro ás 19:30 horas no bar Linda Rama,
contando co patrocinio de Kiply. Os relatores serán José Higinio Cánovas Losada
(Kiply), quen impartirá a charla titulada Qualified-self
e autocoñecemento: a miña vida en datos; seguirao Edgar de León (Guud.tv)
falando das conversas como nova interface; LuÃs Taboada (Qbitia) levaranos de Galicia a Wall Street en números;
Javier TarrÃo Saavedra (doutor en estatÃstica na UDC) falará de EstatÃstica na Industria 4.0; e,
finalmente, Antonio Cotos (Ipglobal) impartirá un relatorio titulado IoT Data Industrial.
A inscrición
ao evento é totalmente de balde a través de Eventbrite, sendo preciso
reservar praza por limitacións de aforo.
