David Attenborough consegue supera o millón de seareiros en Instagram en 4 horas

venres, 25 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Hai preto dun ano a actriz Jennifer Aniston estreábase por sorpresa en Instagram, o que levou a que os seus seareiros se puxesen a seguila masivamente, chegando a rachar a plataforma e facendo historia ao superar en menos de 24 horas os 7 millóns de seareiros, pero sorprendente un divulgador científico conseguiu superala nunha das súas marcas, xa que David Attenborough estreou conta de Instagram por todo o grande aos seus 94 anos sendo a persoa que máis rápido conseguiu acadar o primeiro millóns de seareiros en Instagram, segundo recollen dende Guinness World Records.
Attenborough está a publicar basicamente vídeos en IGTV, ou sexa, de máis dun minuto de duración, cos que, entre outras cousas, chama atención sobre os problemas do quecemento global, mensaxe que xa ten divulgado en numerosas ocasións en radio e televisión, pero que agora fai por primeira vez en Instagram, chegando a millóns de usuarios e demostrando a efectividade destas canles de comunicación.
A conta de Jennifer Aniston tardara 5 horas e 16 minutos en superar o millón de seareiros, mentres que para conseguir o mesmo Attenborough só precisou 4 horas, o que pode producir certa vertixe ao supor que as masas móvense cada vez máis rápido nas plataformas sociais en liña.

PUBLICIDADE