David Lago (IES Pedro Floriani de Redondela), 3º clasificado e medalla de ouro na OlimpÃada Informática Española
luns, 13 de abril do 2026

- David Lago recollendo o premio. Foto da Universidad de Valladolid-UVA.
A XXX OlimpÃada Informática Española (OIE) celebrouse esta fin de semana na Escola de EnxeñarÃa Informática da Universidade de Valladolid e contou coa participación de 42 estudantes de todo o territorio estatal, seleccionadas/os entre os mellores talentos en programación. Trátase dunha competición de programación algorÃtmica destinada a estudantes de ensinanza secundaria e bacharelato de toda España. O seu obxectivo é fomentar o talento en informática e a resolución de problemas computacionais, preparando aos mozos e mozas para retos académicos e profesionais de alto nivel.

- Nicolás FreirÃa, cuarto pola dereita. Foto da Universidad de Valladolid-UVA.
O gañador da OlimpÃada Informática Galega (organizada polo Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia, o CPEIG, e as tres universidades galegas), David Lago Alonso, estudante de 2° Bacharelato no IES Pedro Floriani de Redondela, foi o terceiro clasificado da OlimpÃada Informática Española, conseguindo unha medalla de ouro na clasificación.

- David Lago e Nicolás FreirÃa. Foto de Diego Seco, profesor da UDC.
O segundo participante galego, Nicolás FreirÃa Casal, estudante de 2° Bacharelato do IES Ribeira de Louro do Porriño, estivo preto das medallas alcanzando o posto 19 da clasificación e recibindo unha mención.
Os catro primeiros clasificados (as medallas de ouro, entre eles David Lago) compoñerán a delegación española que participará na OlimpÃada Informática Internacional, que se celebrará do 9 ao 16 agosto en Uzbekistán.
