Dead Rising contará cunha versión renovada en setembro
martes, 2 de xullo do 2024
Capcom vai lanzar o 19 de setembro para Xbox Series X|S, PlayStation 5 e PC unha actualización dun xogo que pode pillar a moitos por sorpresa, xa que Dead Rising Deluxe Remaster non se limita a actualizar o xogo Dead Rising do ano 2006 para que poida correr nas consolas actuais, senón que a renovación do tÃtulo é bastante profunda.
O xogo, que xa pode reservarse, devólvenos ao centro comercial de Willamette (Colorado) no que está atrapado o reporteiro gráfico Frank West en plena vaga zombi, onde ten 72 horas para desvelar a verdade desta infección.
Nesta ocasión o xogo presenta gráficos mellorados (ata 4K a 60 imaxes por segundo), personaxes remodelados, ampliación da dobraxe (está dispoñible en 9 idiomas entres os que figura o español, e con subtÃtulos en 14 idiomas), e toda unha chea de melloras que afectan á xogabilidade: a posibilidade de que o protagonista poida moverse mentres apunta, gardado automático, controis máis intuitivos, nova interface de usuario... e filtros para conseguir as mellores fotografÃas dos zombis.
Unha magnÃfica recuperación dun clásico, que tanto pode contentar aos que gozaron deste tÃtulo no seu dÃa como para os que queren introducirse nesta divertida saga.
VÃdeo promocional de Dead Rising Deluxe Remaster
