Declaran ilegais os aranceis que pretende impor Trump
xoves, 29 de maio do 2025
O Tribunal de Comercio Internacional dos Estados Unidos declarou ilegais os aranceis impostos pola Administración Trump contra importacións procedentes de Canadá, México, China e outros paÃses, ao considerar que o presidente excedeu a autoridade conferida pola Lei de Poderes Económicos de Emerxencia Internacional (IEEPA). A sentenza, emitida por unanimidade, supón un duro golpe ás polÃticas comerciais da Casa Branca e marca un fito na interpretación constitucional da separación de poderes.
O caso xulgado agrupa dúas accións xudiciais promovidas por varias empresas afectadas e doce estados, entre eles Oregón, Nova York e Arizona, que denunciaron que os aranceis impostos ao abeiro de supostas emerxencias nacionais carecÃan de base legal. Os xuÃces concluÃron que a IEEPA non outorga ao presidente autoridade para establecer aranceis de forma ilimitada e que o uso desta norma para xustificar medidas comerciais permanentes vulnera a prerrogativa exclusiva do Congreso en materia fiscal e de comercio exterior.
Segundo a resolución, os denominados «aranceis por tráfico ilÃcito» (que afectaban produtos de Canadá, México e China) e os «aranceis mundiais e recÃprocos» (aplicados a importacións de todo o mundo con taxas de ata o 50 %) non só carecÃan de lÃmites razoables, senón que ademais non gardaban relación directa coas supostas ameazas alegadas polo Executivo.
«O feito de que o presidente declare unha emerxencia nacional non o autoriza a reescribir as táboas arancelarias a vontade propia», recolle a sentenza, que tamén subliña que IEEPA só permite medidas fronte a ameazas «inusuais e extraordinarias» e para fins directamente relacionados con esas ameazas.
A decisión supón a anulación inmediata dos decretos executivos correspondentes e a prohibición permanente da súa aplicación, o que representa unha vitoria para os demandantes e un chamamento á contención presidencial no uso das facultades de emerxencia. Os xuÃces recordan que «a autoridade executiva non pode substituÃr o proceso lexislativo nin apropiarse das competencias do poder lexislativo baixo pretextos de urxencia».
A Casa Branca recorreu o fallo ante o Tribunal de Apelacións (reactivando os aranceis de xeito provisorio), coa posibilidade de rematar no Tribunal Supremo, onde hai unha maiorÃa de xuÃces conservadores, polo que aÃnda é difÃcil concluÃr se rematou a tirapuxa que está a provocar unha grande inseguridade nos mercados e, moi concretamente, nos produtos de electrónica de consumo, onde os aranceis poden ter un impacto global.