DeepSeek poderÃa ter violado a propiedade intelectual de OpenAI
mércores, 29 de xaneiro do 2025
OpenAI comunicou ao Financial Times que atopou probas de que a chinesa DeepSeek utilizou os modelos propietarios da compañÃa estadounidense para adestrar o seu propio competidor de código aberto, nun contexto de crecente preocupación por unha posible infracción da propiedade intelectual.
Aseguran ter detectado evidencias de destilación, coa sospeita de que esta técnica para obter un mellor rendemento en modelos máis pequenos aproveitando as saÃdas de modelos maiores e máis potentes foi realizado por DeepSeek. Falamos dunha práctica común na industria, pero ao realizarse para construÃr un modelo rival infrinxirÃanse os termos do servizo de OpenAI (que recollen a prohibición de «usar as saÃdas para desenvolver modelos que compitan con OpenAI»).
OpenAI e Microsoft investigaron o ano pasado contas que se crÃa que pertencÃan a DeepSeek e que estaban a utilizar a API de OpenAI. Bloqueáronlles o acceso ao sospeitar que estaban a empregar a destilación de maneira que infrinxÃa os termos de servizo, segundo publicou tamén Bloomberg.
Non serÃa o único punto escuro de DeepSeek, compañÃa que asegura que que utilizou só 2.048 tarxetas nVIDIA H800 e gastou 5,6 millóns de dólares para adestrar o seu modelo V3 con 671.000 millóns de parámetros, aÃnda que hai sospeitas de que en realidade empregaron máis 50.000 tarxetas nVIDIA H100 adquiridas ilegalmente, polo que, aÃnda que o resultado de DeepSeek sexa notable, está lonxe do comunicado oficialmente.