Deixan Facebook dous dos seus principais directivos

venres, 15 de marzo do 2019 Marcus Fernández

JPEG - 151.9 KB
Chris Cox e Mark Zuckerberg

Aínda que o cadro directivo de Facebook parecese ser moi sólido e encadrado na liña marcada por Mark Zuckerberg, os últimos cambios na estratexia da compañía non pareceron sentar ben e Zuckerberg tivo que publicar unha nota aos seus empregados para dar conta da marcha de dous dos máximos responsables da compañía.
A dimisión máis importante sería a de Chris Cox, o xefe de produto de Facebook, que era un dos principais responsables da compañía, e aínda que Zuckerberg dedícalle boas palabras e viste a súa marcha como unha partida para «facer algo máis», semella que o xiro de temón que pretende dar a compañía non é do agrado de Cox, quen prefire marchar.
Paralelamente temos que Chris Daniel, director de WhatsApp, tamén deixará a compañía, e neste caso as súas discrepancias con Zuckerberg eran máis públicas.
Estes cambios parecen confirmar que Mark Zuckerberg continúa a exercer o seu poder en Facebook impoñendo os seus criterios, o que polo momento está a dar bos resultados económicos, pero non sempre son do agrado nin dos investidores nin do resto de executivos da compañía.

PUBLICIDADE