Deixan ver os primeiros minutos de xogo de 007: First Light
luns, 25 de maio do 2026
Esta previsto que o vindeiro mércores chegue ás tendas o agardado xogo 007: First Light, pero houbo algunha copia do xogo que chegou a mans dos consumidores nos últimos dÃas, provocando que durante a fin de semana se publicase un vÃdeo no que se amosa a primeira misión do xogo.
A reacción de IO Interactive non se fixo agardar, e tras presentar unha reclamación por violación de copyright que levou a que o vÃdeo xa non estea visible en YouTube, optaron por evitar o inicio dun tirapuxa cos xogadores que conseguiron copias do xogo anticipadamente, e publicaron un vÃdeo cos 13 primeiros minutos, para que os máis impacientes poidan velos, e asà facerse unha idea do que achegará o xogo do que xa poderán gozar mañá os usuarios que realizasen a súa compra anticipada.
VÃdeo cos primeiros 13 minutos do xogo
