Dell anuncia un proxector de vÃdeo láser 4K con HDR
mércores, 14 de xuño do 2017
O vindeiro 19 de xullo Dell vai pór á venda por 5.999
dólares nos EE.UU. un atractivo proxector de vÃdeo, o Dell S718QL, que presume
de ser o
primeiro proxector láser 4K de alta luminosidade do mundo, sendo un produto
ideal para salas de xuntanzas, aulas e outros localizacións nas que sexa
preciso proxectar imaxes de grande tamaño sen ter que escurecer o ambiente.
Este novo proxector non só pode presumir de ultra alta resolución con HDR (ou
sexa, que proxecta unha imaxe de 8,3 MpÃxeles cunhas cores impresionantes)
senón que tamén é de tiro curto, de xeito que pode crear unha imaxe de 100
polgadas a só 10 centÃmetros de distancia, facilitando asà que unha persoa
poida estar diante do vÃdeo sen proxectar sombra ou tendo que padecer luces
cegadoras.
Este tipo de proxector tamén ten unha grande vantaxe fronte a outras
tecnoloxÃas, xa que precisa dun baixo mantemento, estimándose que pode operar
sen problemas durante 10 anos cun uso medio de 8 horas diarias (sen ter que
padecer os problemas que outras tecnoloxÃas teñen co desgaste e substitución
das súas lámpadas).
O Dell S718QL acepta numerosas entradas, sendo capaz de empregar a propia rede
local para achegar contidos de até 4 fontes distintas, tamén pode correr
ficheiros de Office e vÃdeos 4K a través de USB e incluso conta con Bluetooth
para poder conectar con sistemas de audio sen fÃos.