Dell estrea monitor táctil cun grande ángulo de visión

luns, 3 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Dell vén de incorporar ao seu catálogo o monitor ST2220T, que conta cunha pantalla multi-táctil de 21,5 polgadas con tecnoloxía IPS e unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles que nos EE.UU. está dispoñible por 309,99 dólares (231,44 euros) e destaca por poder operar non só nunha tradicional posición vertical, senón tamén con distintos ángulos de inclinación, facilitando unha experiencia de uso próxima á do iPad de Apple.
O Dell ST2220T permitiría converter un ordenador doméstico nunha especie de tablet válido tanto para o uso de videoxogos como para a reprodución multimedia, cun deseño elegante, un ángulo de visión case total (178 graos tanto en vertical coma en horizontal), un baixo consumo enerxético e alta conectividade (VGA, DVI, HDMI e USB).

PUBLICIDADE