Dell incorpora ao seu catálogo un monitor de 27 polgadas con panel AH-IPS
mércores, 8 de agosto do 2012
Os usuarios profesionais que precisen de monitores de alta
calidade para o desenvolvemento do seu traballo poden ir engadindo na súa
listaxe de desexo unha nova pantalla de Dell que está comezando a distribuÃrse
a nivel mundial (xa aparece nas páxinas web da compañÃa no Xapón e en Australia)
e que serÃa a primeira en facer uso dun panel AH-IPS (advanced high-performance IPS) que ofrecerÃa unha cor e unha
claridade que superarÃa as xa suficientemente boas pantallas IPS. O monitor
Dell U2713HM ten unha diagonal de 27 polgadas, unha resolución de 2.560 x
1.440 pÃxleles, un ángulo de visión moi amplo (178 graos tanto en vertical como
en horizontal), boa conectividade (4 portos USB 3.0, VGA, DisplayPort 1.2, DVI,
HDMI e saÃda de audio), un brillo de 350 cd/m2, un tempo de resposta
de 8 milisegundos e un soporte que permite axustar a inclinación da pantalla.
A todas luces parece un monitor marabilloso, podendo ser a súa principal eiva o
prezo, que polo momento non está nada claro en España, pois no
Xapón véndese a 49.980 iens (514,90 euros) e en Australia por 799 dólares
(682,63 euros), pero en calquera dos casos estarÃa moi por debaixo dos 999
euros que custarÃa un monitor LED Cinema Display de Apple, que serÃa o máis
semellante ao novo monitor de Dell que poderiamos atopar no mercado
actualmente.
- O novo monitor de Dell sitúase entre os mellores do mercado na actualidade grazas á súa pantalla AH-IPS