Dell pon á venda un monitor de 43" que pode presentar até 4 fontes á vez
luns, 23 de maio do 2016
Pensando na mellora da produtividade en contornos profesionais
Dell
pon á venda o seu novo monitor de grande tamaño e ultra alta definición,
que non só presenta 3.840 x 2.160 pÃxeles nun panel IPS de 43 polgadas, senón
que tamén permite a conexión de até 4 clientes independentes con vistas
personalizadas, e sen un marco ao redor de cada pantalla separándoos, conseguindo
asà unha experiencia de uso máis confortable.
O monitor
Dell P4318Q ten un acabado mate e un baixo nivel de reflexo que facilita
traballar con el comodamente durante longas xornadas, aÃnda que gozar de tal
vantaxe ten un prezo considerable, xa que esta nova pantalla véndese a un prezo
de 1.414 euros. A pantalla conta con 2 altofalantes de 8 watts, 1 porto
DisplayPort 1.2, 1 porto Mini DisplayPort 1.2, 2 portos HDMI 1.4, 1 porto VGA,
1 porto USB 3.0 de subida que habilitan 4 portos USB 3.0, 1 entrada de audio, 1
saÃda de auriculares e un porto RS232.