Dell presenta monitores certificados para facer videoconferencias

xoves, 7 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Dende Dell están a sorprender coa presentación de monitores certificados para o uso de Microsoft Teams, ou sexa, pantallas pensadas para facilitar a realización das videoconferencias que tan populares se fixeron durante o confinamento, e que serán concretamente 3 monitores de distintos tamaños: un monitor de 24 polgadas con resolución Full HD, outro monitor de 27 polgadas con resolución Quad HD e, finalmente, un monitor curvo de 34 polgadas con resolución Wide Quad HD.
Estes novos monitores integran un botón que serve de atallo para abrir Microsoft Teams para poder realizar en xuntanzas grupais con vídeo, para o que tamén contan cunha cámara retráctil de 5 Mpíxeles (con infravermellos para poder empregarse tamén como sistema de recoñecemento facial con Windows Hello). Os monitores tamén contan con micrófono con cancelación de ruído e altofalantes estéreo de 5 watts, estando previsto que cheguen ao mercado estadounidense o vindeiro 16 de febreiro a prezos que van dende os 519,99 aos 1.149,99 dólares (en función do seu tamaño).

Os novos monitores de Dell chegarán en 3 tamaños distintos

PUBLICIDADE