Dell propón un servidor de xogos en streaming para o fogar

luns, 3 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Nun momento no que o xogo en streaming está a popularizarse, dende Alienware (división de gaming de Dell) propoñen un novo concepto de produto, Nyx, que sería un servidor de xogos para PC que serviríanse mediante streaming para poder gozar dos mesmos en calquera recuncho do fogar, o que podería ser unha interesante opción para fogares nos que haxa varios xogadores de PC e non queiran ter varios equipos individuais ou que simplemente non queiran padecer dos retardos que pode padecer o xogo na nube.
Cómpre salientar que Nyx non é aínda un produto comercial, senón un concepto que propón xogar a títulos para PC no televisor (e outros dispositivos), facilitando incluso amosar varios xogos á vez no televisor do salón, contando xa cun mando especial para esta solución de Dell que ten moi complicado ver a luz principalmente por presentarse moi tarde, xa que actualmente Steam e nVIDIA xa teñen solucións de xogo remoto, así como tamén fan tal as consolas Xbox e PlayStation, polo que Alienware estaría a buscar oco nun nicho de mercado demasiado cativo.

PUBLICIDADE