Dell recupera o concepto de Tablet PC nun ultraportátil

venres, 5 de novembro do 2010 Marcus Fernández

A preto de 2 meses do seu lanzamento, dende Dell publican un vídeo no que amosan o que dará de si o Inspiron Duo, un novo concepto de equipo que combina conceptos de ultraportátil e tablet, pois este equipo con pantalla táctil de 10,1 polgadas, procesador Intel Atom N550 e sistema operativo Windows 7 pode xirar a súa pantalla para agochar o seu teclado e operar coma un tablet, o que xa facían os vellos Tablet PC que quixo popularizar Microsoft hai anos, pero gozando da portabilidade dun equipo lixeiro e cativo.
Para completar a este curioso equipo JBL comercializará unha base que serve funciona como altofalantes, así coma para soporte que facilita o uso do Dell Inspiron Duo para a visualización de contidos multimedia.


Vídeo que adianta o que será o Dell Inspiron Duo

PUBLICIDADE