Demo en Flash de Patapon 2

mércores, 11 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Mañá chega ás tendas española o xogo para PSP Patapon 2, e para que os usuarios que non probaron a primeira parte desta saga proben a súa aditiva experiencia de xogo publican un xogo en Flash a xeito de demo que serve para facerse unha idea, á vez que engancha ao usuario.
No xogo Flash só se poderán empregar os botóns esquerdo (pata) e dereito (pon) dos cursores do teclado, cos que se poderán realizar só 2 movementos ao ritmo da música: avanzar (pata-pata-pata-pon) e atacar (pon-pon-pata-pon).
Ao completar os distintos niveis da demo de Patapon 2 irán desbloqueándose imaxes que poderemos utilizar para crear un fondo de escritorio do xogo.

PUBLICIDADE