Denuncian a calidade das pantallas dos portátiles MacBook

luns, 21 de maio do 2007 Marcus Fernández

A publicidade enganosa é un problema moi importante no sector tecnolóxico, onde os fabricantes sempre prometen excelente calidade e tecnoloxía punteira, mentres que os consumidores ven como as súas expectativas non se satisfán, como vén de acontecer en San Diego (EE.UU.) onde os cidadáns Fred Greaves e Dave Gatley presentaron unha demanda contra Apple por mor da baixa calidade das pantallas dos seus portátiles MacBook e MacBook Pro, que non se corresponderían ás anunciadas pola compañía de Steve Jobs, ó amosar en moitas ocasións certos defectos nas imaxes posiblemente provocados por unha tecnoloxía de suavizados que emprega Apple para conseguir unha maior profundidade de cor.
As queixas de usuarios xa levan meses circulando pola Rede, pero agora as cousas parecen pórse máis serias coa demanda presentada.

PUBLICIDADE