Denuncian que Meta pirateou pornografÃa para adestrar as súas IA
venres, 19 de setembro do 2025

- Deeper, Wifey, Milfy, Blacked, Slayed, Tushy e Vixen son algunhas das marcas pornográficas xestionadas por Strike 3
Meta enfróntase a unha nova demanda por suposta piratarÃa masiva de contidos audiovisuais para adestrar os seus modelos de intelixencia artificial. A compañÃa Strike 3 Holdings e a súa filial Counterlife Media presentaron o pasado 23 de xullo, nun xulgado federal de San Francisco, unha querela na que aseguran que a tecnolóxica utilizou a rede BitTorrent para descargar e distribuÃr sen licenza polo menos 2.396 pelÃculas das súas marcas desde o ano 2018.
Segundo a denuncia, Meta non só obtivo copias ilegais das producións, senón que tamén as compartiu durante dÃas e semanas empregando o mecanismo tit-for-tat de BitTorrent, co obxectivo de acelerar a descarga doutros arquivos necesarios para nutrir os seus sistemas de IA. Os demandantes sosteñen que este proceder deu lugar a máis de 100.000 transaccións non autorizadas, documentadas con ferramentas forenses propias.
A querela engade que parte desta actividade se ocultou mediante seis nubes privadas virtuais xestionadas en centros de datos externos, e mesmo vincula un enderezo IP residencial dun empregado de Meta con descargas de material protexido. O uso destas pelÃculas pornográficas (rodadas en 4K, con longas secuencias sen cortes e interaccións humanas pouco habituais noutros vÃdeos) terÃa ofrecido, segundo Strike 3, un valor engadido para os algoritmos de recoñecemento e xeración audiovisual da compañÃa, incluÃdos LLaMA e Movie Gen.
Os demandantes aseguran que Meta provocou un prexuÃzo económico e reputacional, ao facilitar tamén que menores accedesen ao contido sen pasar polas medidas de verificación obrigatorias nas súas webs. Por iso, reclaman unha orde xudicial que obrigue á empresa a eliminar todas as copias dos filmes dos seus servidores, centros de datos e modelos de IA, ademais de indemnizacións millonarias e o pago de custas xudiciais.
