Denuncian que Temu vulnera a lexislación europea
xoves, 16 de maio do 2024
A organización que aglutina a múltiples asociacións de defensa dos consumidores a nivel europeo, BEUC, presentou hoxe unha denuncia ante as autoridade europeas contra a plataforma de comercio electrónico chinesa Temu por non protexer aos consumidores e facer uso de prácticas de manipulación consideradas ilegais en virtude da Lei de Servizos Dixitais (DSA) actualmente en vigor.
Dende BEUC aseguran que Temu superou os 75 millóns de usuarios mensuais na Unión Europea, e non está a achegar información crucial aos consumidores sobre os vendedores dos produtos, asà como tampouco subministra información sobre a se os produtos cumpren coas normas de seguridade esixidas na Unión Europea (por exemplo, constataron que nunha mostra de 13 produtos cosméticos, 9 non incluÃan a súa listaxe completa de ingredientes).
A plataforma tamén fai un uso masivo de patróns escuros para levar aos consumidores a gastar máis cartos dos que tiñan pensado, asà como tamén poñen atrancos ao peche de contas de usuario.
En xeral, Temu incumpre a DSA, polo que as súas prácticas deberÃan levar a que as autoridades competentes abrisen unha investigación formal.