Denuncian que X fai negocios con grupos terroristas
mércores, 14 de febreiro do 2024
- Un dos exemplos de conta que figuraba verificada (previo pagamento) en X, correspondente ao lÃder de Hezbollah
A falta de moderación en X/Twitter poderÃa traer serios problemas á compañÃa máis pronto que tarde, pois dende o Tech Transparency Project están a denunciar que X achega vantaxes de pagamento a Hezbollah e outros grupos sobre os que os EE.UU. impuxeron sancións, ou sexa, que X estarÃa a permitir que grupos vetados polos EE.UU. estean a contratar servizos dunha compañÃa estadounidense que terÃa prohibido subministrarllos, á vez que tamén estarÃa a dar lexitimidade e mellorar a visibilidade de colectivos perigosos e medios de comunicación controlados por estados inimigos.
Nun principio X poderÃa ter certa liberdade de actuación cos colectivos implicados se a súa actividade fose a de usuarios ordinarios, pero tan pronto adquiren subscricións de pagamento, que requiren certo control e verificación, X pasa a adoptar un rol activo, polo que non pode escudarse na ignorancia das actividades destes colectivos, á vez que estarÃa a infrinxir sancións impostas polos EE.UU., o que pode ter serias consecuencias para a compañÃa de Elon Musk.
Dende o Tech Transparency Project (TTP) non só dan conta de contas de usuarios particulares contratando os servizos de pagamento de X, senón tamén de caos nos que son as propias organizacións as que contratan os servizos (pagando unha cantidade maior e supostamente superando maiores medidas de control).
O TTP tamén detectou anuncios en 19 das 28 contas de X que denuncian, o que tamén supón un control neglixente da publicidade da plataforma, xa que X estarÃa asà a facer que os seus anunciantes financien a grupos estranxeiros coas que de seguro que non queren ter nada que ver.