Denuncian que X non elimina contidos violentos denunciados por organismos oficiais
venres, 24 de xaneiro do 2025
- Imaxe do polémico vÃdeo que X non quixo borrar pese as denuncias
O regulador da Internet en Australia, eSafety, está a denunciar a falla de colaboración de X ante a denuncia de contidos violentos, que non son eliminados efectivamente pese ás esixencias das autoridades.
Falan concretamente das probas relacionadas co vÃdeo do ataque con navalla na igrexa de Wakeley, presentadas ante un tribunal do Reino Unido durante a sentenza de Axel Rudakubana. eSafety actuou de maneira rápida tras o ataque de Wakeley en Sydney o 15 de abril de 2024, colaborando sempre que foi posible coas empresas tecnolóxicas para eliminar o vÃdeo das plataformas en liña para protexer a comunidade contra materiais en liña prexudiciais, incluÃndo aqueles que poden traumatizar gravemente, manipular ou radicalizar a persoas vulnerables, especialmente nenos e xente nova.
O material en cuestión era un vÃdeo violento dun intento de asasinato considerado un acto de terrorismo polo Comisario da PolicÃa de Nova Gales do Sur, destacando eSafaty que non se trataba de censurar comentarios, debates públicos ou outras publicacións sobre o suceso.
Inmediatamente despois do ataque de Wakeley, empresas como Google, Microsoft, Snap e TikTok actuaron rapidamente para cooperar con eSafety e garantir que o vÃdeo do ataque en Wakeley non se puidese acceder nas súas plataformas. Algunhas destas empresas tomaron medidas proactivas adicionais para reducir a súa propagación. En contraste, X optou por non eliminar o vÃdeo da súa plataforma, limitándose a bloquealo en Australia, e forzando a que eSafety tivese que acudir ao Tribunal Federal e, posteriormente, ao Tribunal de Apelacións Administrativas.