Denuncian que a Vista creada con IA de Google prexudica seriamente ás páxinas web
mércores, 9 de abril do 2025
O mes pasado chegaron a España as vistas creadas con IA de Google, e tal función, que pode resultar moi útil para os usuarios xa que achega respostas a dúbidas sen ter que visitar ningunha páxina web, está a ter un impacto directo en creadores de páxinas web, que están a rexistrar unhas fortes caÃdas de tráfico procedente de Google.
Dende Bloomberg consultaron a 25 editores e profesionais do sector para constatar esta situación, confirmando que as respostas xeradas con IA están a rachar a relación simbiótica entre os creadores de contido e os buscadores, pois en vez de converterse Google nunha fonte de tráfico para páxinas web está a actuar xusto como o contrario, achegando o contido aos usuarios dun xeito que os creadores consideran que é unha traizón por parte de Google.
Entre os exemplos do impacto da Vista creada con IA comentan o caso dunha páxina de bricolaxe e reformas do fogar, que perdeu máis do 70% do tráfico procedente de Google dende que o buscador achega moitos consellos sobre reformas directamente nos resultados de busca. Pero non só queda aà a cousa, senón que os creadores de páxinas web tamén aseguran que moita desta información achegada pola IA é incorrecta, chegando a suxerir produtos que nin sequera existen.
Bloomberg cita estimacións de Raptive, empresa que representa a 5.700 creadores e considera que a IA de Google provocou a perda do 25% do tráfico das páxinas web, prexudicando especialmente aos editores cativos. AÃnda que tamén temos datos extremos, como o do blog de viaxes The Planet D, que tras o lanzamento das vistas previas con IA perdeu o 90% do seu tráfico, tendo que despedir persoal e reconducir a súa actividade (centrándose agora en YouTube). Os responsables desta páxina web aseguran que as respostas da IA de Google sobre os temas que tratan estaban tan descaradamente copiadas da súa páxina web que incluso empregaban o seu argot canadense, de aà que se considere que Google está a traizoar aos creadores de contido.
Cómpre lembrar que Google está a incluÃr información xerada mediante IA nos seus resultados de busca como unha reacción a distintas solucións de IA que hai actualmente no mercado e que realizan buscas na web, polo que corrÃan o risco de perder a súa posición lÃder no sector das buscas na Internet. Non podemos esquecer que Google tamén padece as caÃdas de tráfico das páxinas web, pois parte do seu negocio é a venda de publicidade nesas mesmas páxinas, polo que entendemos que a súa aposta pola IA responde unicamente a presións do mercado.