Denuncian que derrotar a un inimigo nun xogo en rede leva máis de 18 horas (o que fai perigar a saúde dos xogadores)

xoves, 14 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A superación de retos nos videoxogos en rede pode chegar a niveis moi esaxerados, e o clan Beyond the Limitation quixo chamar a atención sobre o feito de que ao querer enfrontarse contra o inimigo Pandemonium Warden no Final Fantasy XI derrotaron ao inimigo en máis de 20 formas distintas durante máis de 18 horas seguidas sen chegar a rematar con el, polo que abandonaron o combate porque varios dos xogadores comezaron a sentirse enfermos e a vomitar.
Esta anécdota debería facer reflexionar aos creadores de videoxogos sobre os tempos precisos para superar fases ou inimigos, pois están a chegar uns niveis nos que esixen unha serie de esforzos aos xogadores que rozan o inhumano (segundo parece, eran precisas unhas 24 horas de combate ininterrompido para derrotar ao xefe final do Final Fantasy XI). Aínda que sexa responsabilidade dos usuarios o tempo que pasan xogando, os desenvolvedores dos xogos non deberían impulsar condutas anti-sociais e perigosas para a saúde.

PUBLICIDADE