Desaparecen de X boa parte dos contidos visuais publicados antes de 2014

luns, 21 de agosto do 2023 Marcus Fernández

A célebre publicación de Ellen DeGeneres segue a figurar sen o histórico selfie nalgúns momentos

Durante os últimos días moitos usuarios de X alarmáronse ante a posibilidade de que o desleixo por parte dos actuais responsables da plataforma puidese facer desaparecer os contidos publicados hai máis de 10 anos, xa que decatáronse de que case a totalidade de imaxes e vídeos publicados en Twitter antes de 2014 non estaban visibles nos seus respectivos chíos, incluíndo a célebre publicación de Ellen DeGeneres durante a cerimonia dos Óscar, que convertérase no selfie máis célebre da historia (e no contido máis rechouchiado no seu momento).
Dende X parecen ser máis que conscientes do fallo que está a experimentar a súa plataforma, pois durante a fin de semana restauraron parcialmente a publicación de DeGeneres (que nalgúns casos aínda segue sen amosar a fotografía, amosando no seu lugar unha ligazón que comeza por http://t.co, o que parece a fonte deste problema (xa que a ligazón non é segura).
Sexa por neglixencia ou por unha decisión consciente por parte de Elon Musk, a realidade é que un volume moi importante de contidos visuais acaban de desaparecer da Internet pública, sen que os responsables da plataforma informasen ao respecto. Haberá que ver como evoluciona a situación, pero non hai dúbida en que, con tal política de comunicación, temos un motivo máis para non confiar en X.

Moitas dúbidas sobre os usuarios activos en X

Cando Musk preparaba a súa entrada en Twitter non cesaba de queixarse do grande volume de bots e contas falsas que había na plataforma, e cando levaba uns meses ao cargo afirmaba sen rubor ter solucionado o problema (pese a non haber ningunha evidencia diso, senón todo o contrario. E precisamente unha mostra de que as métricas anunciadas por X non son moi de fiar é o propio número de seareiros que figuran na conta de Elon Musk, que actualmente están preto dos 154 millóns, que veñen de ser analizados, e poderiamos claramente pór en dúbida da actividade de 112 millóns deses seareiros, ou sexa, que pouco máis da cuarta parte dos seareiros de Musk serían usuarios activos (incluíndo probablemente a varios millóns de bots).
En virtude destes resultados podemos entender que as afirmacións de Musk sobre o número de usuarios activos na plataforma pode estar moi inflada (non esquezamos que agora que a empresa é privada non ten obriga de presentar resultados trimestrais); e tampouco podemos obviar o feito de que as publicacións de Musk seguen a ter moita visibilidade por esta está inflada artificialmente, de xeito que aparecen incluso de primeiras cando os usuarios entran na aplicación pese a non seguir a Musk.
O propietario de X parece tentar a desviar a atención sobre estas dúbidas queixándose da pouca actividade de meirande parte dos usuarios da plataforma, que limítanse a ver contidos sen participar, obviando que iso acontece en todas las plataformas sociais, pero esquece que unha cousa é participar pouco e outra absolutamente nada (xa que moitas das contas que seguen a Musk non publicaron nada nunca e tampouco teñen seareiros, sendo moi probable que sexan contas falsas, e non correspondentes a miróns).

ACTUALIZACIÓN: Finalmente dende X admitiron a existencia do problema coas imaxes publicadas na súa plataforma antes de 2014 e prometeron arranxalo nos vindeiros días.

PUBLICIDADE